Ser o que un merece parecer.
Dói un pouco cando sabes que o teu oficio é impecable, pero a túa imaxe parece que quedou detida no tempo ou que non conta nin a metade do que es capaz de facer.
Pasa máis do que parece: negocios serios que, por fóra, vense xenéricos. Sentes que tes que dar explicacións de máis nas reunións para que entendan o teu valor real, ou peor, que te comparan por prezo con quen non che chega nin á sola do zapato. Non é que che falte un logotipo "bonito", é que che falta orde. Unha marca sen cimentos acaba sendo, simplemente, decoración.
Deixar de presentarse e empezar a ser recoñecido. Que a túa marca faga o traballo difícil de xerar confianza antes de que ti abras a boca. Sentir o orgullo de enviar unha proposta ou entregar unha tarxeta porque sabes que todo, desde o nome ata o último detalle visual, respira o rigor que pos en cada encarga.
Orde contra o caos. A definición da narrativa que faltaba e a construción dun sistema visual coherente. Desde o nome ata o comportamento. Trátase de levantar o esqueleto que fai que un negocio sexa, por fin, unha referencia sólida e non unha opción máis.
Coherencia que se nota, sen necesidade de berrar.


Si buscas estratexia, imos xuntos.
Subscríbeche agora
Recibe recursos técnicos gratuítos e actualizados
